Inicio Qué facemos Turismo no Ecuador Galería

Inicio

Benvid@

Asociación de Ecuatorianos COSIOR

Estamos agradecidos por usar a nosa páxina para coñecer un pouco máis a nosa cultura.

COSIOR reúne no seu haber un pequeno anaco do Ecuador, reunindo xente da Costa, a Serra e o Oriente, de aí o nome Asociación COSIOR (Costa, Sierra e Oriente).

Somos Ecuatorianos que residimos en Galiza, e temos un gran afán de integración na sociedade, así como un gran ánimo para dar a coñecer o noso pais e a nosa cultura.





Tortuga das Galápagos

COSIOR na sociedade galega

Asociación de Ecuatorianos COSIOR Santiago de Compostela

Coñeza un pouco do Ecuador

Estamos agradecidos por usar a nosa páxina para coñecer un pouco máis nosa cultura.
Ecuador (do latín aequātōris), oficialmente República do Ecuador, é un país situado no noroeste de América do Sur. Limita polo Norte con Colombia, ao Sur e ao Leste con Perú e ao Oeste co océano Pacífico.

Ecuador é un país multiétnico, con gran riqueza cultural, natural e arqueolóxica; situado en plena liña ecuatorial, a latitude cero. Ten 256.370 quilómetros cadrados de superficie, o que evidencia que é o máis pequeno dos países andinos, pero conta coa maior biodiversidade por metro cadrado do continente.

O seu capital é San Francisco de Quito, sede dos principais entes estatais e do Goberno Nacional e a súa cidade máis grande é Santiago de Guayaquil, porto marítimo principal e importante centro económico.

Divídese en 24 provincias, distribuídas en catro rexións naturais: Amazonía, Costa, Sierra, e Rexión Insular. No Ecuador existen 55 volcáns, 14 en estado activo, 14 volcáns inactivos e 42 pasivos, sendo o volcán máis alto o Chimborazo, con 6.310 msnm.

É o país coa máis alta concentración de ríos por milla cadrada no mundo. É o principal exportador de banano a nivel mundial e un dos principais exportadores de flores, camaróns e cacao.

Bandera do Ecuador